festivalt
teatro_vigo

Programa
Descárgao en formato .pdf

II CICLO ADICADO ÁS NOVAS CREADORAS GALEGAS

MÉRCORES 7 DE MARZO

PROGRAMA INAUGURAL
20 h
CÍA SACUDE DANZA(Cataluña)
Falso Giro 2”  Danza aérea
Duración: 20’
Lugar: Detrás do Marco

Cando non queremos chegar á nosa parada, transformémonos en Sacu e Mica, seres que dan renda solta á nosa imaxinación e a nos mesmos. Nese momento, sen rumbo, entramos nun mundo etéreo, sen atmosfera, fluído e espacial, no que nos movemos con soltura, sentindo o ben estar do momento. Chegando onde sempre quixemos chegar.
Falso giro 2 é un espectáculo de danza vertical, no que se mesturan o teatro, a poesía, a danza, a acrobacia e o audiovisual.

Bailaríns: Mamen Alcázar Casas e Samuel Delgado Martín.
Arranxos, mesturas e efectos son: Nicolás Martín.
Idea orixinal e dirección: Samuel Delgado.

 

XOVES 8 DE MARZO

20 h
Programa Novas Creadoras
Colabora área de Igualdade da Universidade de Vigo
“MÓNICA ” (Galicia)
Duración aprox.: 20
Lugar: Vestíbulo do Auditorio do Concello

Encontro entre a bailarina e coreógrafa Mónica García e o cuarteto de improvisación libre Suelen Estar Quartet. Nun marco de investigación, o traballo articúlase entorno á idea da escritura instantánea e improvisada. Acción, música e danza xorden da atención ao momento.

Dirección: Mónica García.
Intérpretes: Macarena Montesinos, María José Pámpano, Elena Vázquez, Saúl Puga e Mónica García.

 

21.30 h
Cía. LOSCORDEROS (Cataluña)   
El cielo de los tristes”
Duración: 1h.15’
Lugar: Auditorio do Concello

Ningunha hipótese, ningunha conxetura. Terapia ou morte. Inmolación pseudo-psico-filosófica á procura de razóns para seguir seguindo. Acaso non hai outro xeito para entender a existencia que non sexa existir? Unha migración exaltada cara os suburbios mentais que nos desequilibran para así poder tomar inconsciencia. Un lugar onde renovarse ou morrer.

Dirección e interpretación: David Climent e Pablo Molinero.
Deseño iluminación: Conrado Parodi, loscorderos.sc.
Coprodución: loscorderos.sc, Festival Temporada Alta.

VENRES 9 DE MARZO

20 h
Programa Novas Creadoras
Colabora área de Igualdade da Universidade de Vigo
CÍA DAS MARÍAS (Galicia)
Malena llena eres de gracia” (Drama actual)
Duración 50’
Lugar: Marco

“Doíame cada partícula do meu corpo e sentíame tan suxa por dentro coma por fora. Ata sentía a alma, se é que teño…” RAQUEL HEREDIA
Patricia é o seu nome de guerra.

Dirección: Noemí Rodríguez.
Intérpretes: Laura Garrido e Helena Varela.
Deseño iluminación: Santiago Montenegro.

 

21.30 h
CÍA GUILLERMO WEICHERT (Andalucía)
Material Inflamable. Versión umploget” (Danza)
ESTREA ABSOLUTA
Duración: 55’
Lugar: Auditorio do Concello

“MATERIAL INFLAMABLE” é un só coreográfico no que Guillermo Weickert reflicte e reflexiona sobre o seu vocabulario e a súa linguaxe. O auténtico “material” desta creación é o propio creador e intérprete, o seu movemento e o seu corpo maila relación que establece co espectador. Pero inevitablemente fala tamén do traballo do bailarín, da paixón, das luces e das penumbras que como un motor acenden o movemento.
A música de Vitor Joaquim, recoñecido pioneiro da electrónica portuguesa e o deseño de iluminación de Paloma Parra, crean un sólido e impactante universo para este traballo que dende a desnudez e a simplicidade vai desdoblando e articulando progresivamente imaxes de estremecedora beleza.

Coreografía e interpretación:Guillermo Weickert.
Música: Vitor Joaquim.
Deseño de Iluminación: Paloma Parra.
Fotos: Lidia Ayala.
Xefa de Produción: Toni Hurtado
Produción: El Mandaito

 

SÁBADO 10 DE MARZO

20 h
CÍA LA COCINA (Euskadi,)
Calla y come” (Teatro)
Duración aprox.: 60’
"Mellor espectáculo na Feria Internacional de Teatro y Danza Huesca 2011"
"Finalista Premio Mejor Espectáculo Revelación Premios MAX 2012"
Lugar: Marco

Peza que propón unha viaxe e profundiza nos nosos auténticos motores, no que nos move, alí onde percibimos que comeza a brotar o noso lado máis xenuíno. A todos nos acontecen cousas similares, pero non hai dous copos de neve iguais.
Neste espectáculo indagamos no máis profundo do mar da nosa fraxilidade.
Deste traballo nace unha Fundición de Bilbao a través duns encontros denominados “accidentes para la creación”, unha experiencia para romper os círculos de creación habituais e na que nos acompañou durante quince días Sergi Faustino.

En escena: Na Gomes, Pako Revueltas, Enriqueta Vega.
Ollo contaminante: Sergi Faustino.

 

21.30 h
LA FILA DE AL LADO (Madrid)
El chico de la última fila” (Comedia dramática)
Duración 105’
Lugar: Auditorio do Concello

“Dende a última fila ninguén te ve, pero ti os ves a todos.”

El chico de la última fila, como tantas de Juan Mayorga, xira en torno ao concepto da posibilidade. E se en vez de pasar isto, acontecera istoutro?  A montaxe pretende ser fiel a esa idea. É unha proposta espacial, na que o uso dunha mesa pretende significar diferentes espazos, distintos mundos, opinións, accións, intencións e desexos, que non sempre son visibles.
A obra fálanos da curiosidade que xera a observación dos demáis. De como os diferentes puntos de vista condicionan dita observación.

Dirección: Victor Velasco.
Texto de Juan Mayorga.
Intérpretes: Miguel Lago Casal, Samuel Viyuela, Olaia Pazos, Natalia Braceli, Rodrigo Sáenz de Heredia, Sergi Marzá.
Deseño iluminación: Eduardo López.

DOMINGO 11 DE MARZO   (Atención horarios domingo)

17 h
JORGE DUTOR + GUILLEM MONT DE PALOL (Cataluña)
 “Y por qué John Cage? (Novas linguaxes do corpo)
Duración: 50’
Lugar: Marco
19,00 h

Y por qué John Cage? É unha proposta escénica sobre o son e o significado nun discurso dado. O poder do son das palabras. Son como estrutura, como dinámica que viaxa. Discurso sensorial e non significativo. Non queremos significar, ao contrario, queremos designificar para adentrarnos no terreo do sensitivo, do relacional, do perceptivo e do corpóreo. O discurso pode ser calquera discurso. Non é importante o que dicimos, senon como o dicimos, que ferramentas musicais e coreográficas utilizamos para destrozar o texto e sumerxirnos no traballo do intérprete suxerindo e surfeando polas ondas do imaxinario.

Dirección e interpretación: Jorge Dutor e Guillem Mont de Palol.
Deseño Iluminación: Jorge Dutor.

Sponsors: Producción de Antic Teatre, Barcelona, con el apoyo de A ras de Suelo, Las Palmas de Gran Canaria y Espacios Cómodos de La Porta, Barcelona.

 

20.30 h
CÍA LA TRISTURA (Madrid)
Materia prima” (Poema dramático)
Coa complicidade do Salón Teatro Santiago de Compostela
Duración: 70’
Finalista Premio Mejor Espectáculo Revelación Premios MAX 2012
Lugar: Auditorio do Concello

O que esta peza propón é ver aos seres como corpos históricos e políticos dende o seu nacemento. Mensaxeiros, que na súa infinita posibilidade de ser aínda calquera home ou muller, ensínannos a lembrar e pensar. Será capaz de nos asustar a conciencia histórica e política destes rapaces? Farásenos estraño oílos falar como adultos, ou xa todo resulta habitual?

Dirección: Itsaso Arana, Pablo Fidalgo, Violeta Gil e Celso Giménez.
Intérpretes: Gonzalo Herrero, Lucía Oña, Siro Ouro e Candela Recio.
Deseño iluminación: Eduardo Vizuete.

Colaboran: inaem e festival d´estiu sagunt a escena


Festivalt_festival alternativo das artes escénicas de Vigo
footer_contenido