festivalt

Castelán

teatro_vigo

Sauda

Afrontamos o undécimo Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, máis dunha década marcada pola ilusión e as ganas de todos aqueles que puxeron en marcha esta novidosa e arriscada iniciativa, un proxecto cultural e emprendedor, por entón angosto, que a cidadanía de Vigo se encargou de encarrilar.

Con toda seguridade, o nacemento e a brillante pervivencia de ALT responde á calidade dunha programación artística ambiciosa e coherente, á implicación e sacrificio dos seus xestores, directores e compañías, á innovación dunha proposta xenerosa e contemporánea. Posiblemente só unha cidade vital como Vigo pode dar cabida e pulo a este caudal creador.

Festivais como este nos axudan a exportar a imaxe da cidade que somos, unha urbe do século XXI, con empuxe, alternativa e singular, envorcada coas súas institucións culturais para estar presentes no máis destacado do panorama internacional. Por isto, desde o Concello de Vigo respaldamos sen fisuras todas as opcións artísticas que fomenten a participación, o pensamento crítico e a inquedanza cultural.

Por último, quero aproveitar estas liñas para agradecer e felicitar aos responsables e implicados no Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, por afrontar a crise con imaxinación, sen baixar os brazos, sen renunciar aos seus obxectivos; un exemplo a seguir para todos e todas.

Abel Caballero, Alcalde de Vigo                                             
Isaura Abelairas Rodríguez, Concelleira de Cultura e Festas


sauda festivalt Lola Correa

Festivalt_festival alternativo das artes escénicas de Vigo
footer_contenido